Situación intermedia en Compostela
08:00 24/09/19
08:00 24/09/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 19ºC
O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre unha borrasca situada ao oeste de Irlanda e o anticiclón das Azores, con ventos de compoñente oeste que achegarán moita humidade.
Así, os ceos estarán parcialmente anubrados con chuvias durante a madrugada e primeiras horas da mañá que tenderán a ir remitindo co avance do día.
As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente mentres que as máximas non terán cambios significativos. En Compostela a temperatura mínima acadará os 16ºC e a máxima os 19ºC.
O vento soprará de compoñente oeste, con máis intensidade canto máis ao norte.