miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os Populares solicitan que se proceda á mellora ambiental dos terreos do aparcamento disuasorio de Pontepedriña

Os Populares solicitan que se proceda á mellora ambiental dos terreos do aparcamento disuasorio de Pontepedriña
Os Populares solicitan que se proceda á mellora ambiental dos terreos do aparcamento disuasorio de Pontepedriña

Os Populares indican tamén que urxe procurarlle unha solución á situación da nave do taller abandonada, que se atopa na traseira do edificio emprazado no número 84 da avenida Romero Donallo

O Grupo Municipal Popular solicitará ao Goberno de Sánchez Bugallo no vindeiro Pleno ordinario que se proceda á mellora ambiental dos terreos do SUP-3 de Pontepedriña, situados nas inmediacións ao aparcamento disuasorio que se atopa baixo o viaduto do AVE. Para elo, os Populares piden que se acometa, á maior brevidade, unha mellora integral da calidade ambiental e urbanística da zona por onde discorre a avenida Antón Fraguas, entre Cornes, Pontepedriña, a avenida Romero Donallo e a rotonda de Galuresa.

Así mesmo, indican que urxe procurarlle unha solución á situación da nave do taller abandonada, que se atopa na traseira do edificio emprazado no número 84 da avenida Romero Donallo.

Cabe sinalar que, durante o pasado mandato, o Grupo Popular interesouse, ata en dúas ocasións, pola mellora ambiental destes terreos, en especial, pola contorna do citado inmoble, á altura da coñecida como glorieta da Galuresa, cuxa comunidade de propietarios ten mostrado a súa preocupación polo deterioro existente na proximidades das súas vivendas, en especial, na traseira do edificio en cuestión, onde no seu día houbo unha nave dun taller mecánico do que hoxe so queda un teito derrubado. 

Como consecuencia dunha das iniciativas presentadas polo Grupo Municipal Popular, en setembro de 2018, adoptouse un acordo plenario para que “coa maior urxencia posible” se acometera un “plan de mellora integral da calidade ambiental e urbanística da zona”. 

Hai que lembrar que o entón concelleiro encargado da área de Urbanismo daquela chegou a afirmar que existía unha orde urbanística para o derrubo da citada nave do taller mecánico, orde que ata a data non se ten cumprido.

A realidade é que a veciñanza da zona leva tempo reclamando do Concello unha actuación que mellore a estética e a salubridade desa zona, onde hoxe continúa a medrar a maleza e aumenta o aspecto de abandono.

LIMPEZA DO SARELA

Por outra banda, os Populares presentarán outro rogo no Pleno deste venres no que solicitan ao Goberno municipal que dea as instrucións necesarias para que se proceda á limpeza da canle do río Sarela, en especial, no treito que discorre polo barrio de Carme de Abaixo.

O grupo Municipal Popular fai esta petición ante as reiteradas demandas recibidas da veciñanza deste barrio santiagués, nas que insisten na urxente necesidade de proceder á limpeza da canle deste río ao paso por esta zona e tendo en conta que se trata dunha labor de mantemento que debería levar a cabo o Concello.

Comentarios
Lo más