jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

As chuvias continuarán sendo protagonistas na cidade

As chuvias continuarán sendo protagonistas na cidade
As chuvias continuarán sendo protagonistas na cidade

Serán débiles con alternacia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros

Durante o luns agárdase o paso dun sistema frontal, asociado a unha borrasca centrada ó oeste de Irlanda. Con esta situación, teremos ceos anubrados, con precipitacións máis cuantiosas canto máis ó norte e oeste do territorio co avance do día. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente sur, sendo fortes no litoral e zonas elevadas.

En Santiago esperanse chuvias débiles durante todo o día con alternacia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán entre os 14 de mínima e 17 de máxima.

Comentarios
Lo más