Suspendida a Feira Labrega de Brión por mor do mal tempo
11:28 20/09/19
11:28 20/09/19
O Concello e a empresa organizadora elixirán un novo día
Por motivo das fortes chuvias que se esperan este fin de semana a carballeira de Santa Minia non acollerá o este domingo 22 de setembro, de 11:00 a 19:00 horas, a segunda edición da Feira Labrega.
O Concello xunto coa empresa que colaboraba na organización do evento decidiron suspender a Feira e máis adiante, mentres a climatoloxía o permita, poderá poñerse outra data para a súa celebración