Atopan o corpo sen vida do home desaparecido en Ourense
Foi a familia quen, pasada a medianoite, deu a voz de alarma tras varios intentos fallidos de contactar co home
Os servizos de emerxencias rescataron o corpo sen vida dun septuaxenario que foi localizado no interior dun pozo despois de desaparecer do seu domicilio en Albite, Muíños.
Foi a familia quen, pasada a medianoite, deu a voz de alarma tras varios intentos fallidos de contactar co home. A partir de aí, activouse un operativo de busca que finalizou sobre a 1:30 da madrugada coa localización do cadáver do señor dentro dun pozo no Monte do Tapado.
Desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, pero só puideron confirmar o falecemento deste veciño da parroquia de Prado de Limia.
No operativo de busca participaron os membros do GES de Muíños en colaboración cos axentes da Garda Civil.