Centos de persoas amosan o seu rexeitamento en Santiago polo triplo asasinato machista de Valga
Entre berros e eslóganes os presentes fixéronse escoitar nunha concentración que foi seguida por centos de persoas
Hoxe a Praza de Praterías acolleu a concentración convocada pola Plataforma Feminista de Santiago en contra da violencia machista polo triplo crimen de Valga na que José Luis Abet Lafuente, veciño de Ames, asasinaou a súa exmuller Sandra e a súa excuñada e exsogra; Alba e Elena.
Unha decena de persoas reuníronse ás 20:00 horas na praza para gritar en contra da violencia machista que terminou coa vida de 42 mulleres no que levamos do 2019.
Entre berros e eslóganes os presentes fixéronse escoitar nunha concentración que foi seguida por centos de persoas que se achegaron para mostrar o seu rexeitamento aos últimos actos violentos do patriarcado.
Este venres haberá outra concentración dentro da #EmerxenciaFeminista convocada pola Plataforma Feminista de Galicia. Será ás 21:00 horas na Praza 8 de Marzo.