jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Marta Lois pide ao Goberno Local que se continúa coa campaña de "En negro contra as violencias"

Marta Lois pide ao Goberno Local que se continúa coa campaña de "En negro contra as violencias"
Marta Lois pide ao Goberno Local que se continúa coa campaña de "En negro contra as violencias"

Marta Lois urxe ao Goberno local a manter a campaña “En negro contra as violencias”,que supuxo un antes e un despois na sensibilización social sobre a violenciamachista

“A loita contra as violencias machistas debe ser unha prioridade institucional e política para as administracións públicas, tamén para a local, e por iso deben continuar as medidas, campañas e políticas públicas que traballen pola súa erradicación”. Así presentaba Marta Lois a moción que Compostela Aberta vai levar ao próximo Pleno, para reclamar un aumento dos recursos para políticas de igualdade e o mantemento da campaña “En negro contra as violencias”. A concelleira apelou tamén a “unha maior coordinación entre administracións públicas, para impulsar políticas e accións que vaian máis alá dos necesarios pero insuficientes minutos de silencio”.

Marta Lois lembrou que “a violencia machista é unha realidade estrutural que, segundo a ONU-Mulleres, lle afecta a un 35% das mulleres do planeta e que no que vai de ano supuxo o asasinato de 41 mulleres e dous menores no conxunto do Estado español, dúas delas en Galicia”. A concelleira incidiu en que “a causa destas violencias está na hexemonía dunha cultura patriarcal que debe ser erradicada a través de actuacións de carácter integral e transversal, que fagan tomar conciencia de que o machismo mata”. 

Nesa liña, lamentou que “a violencia machista e a igualdade de xénero non ocupen un lugar central nas axendas dos gobernos estatal e galego, que non se produzan avances nin no Pacto de Estado contra a Violencia nin no Pacto galego contra as Violencias Machistas aprobado por unanimidade no Parlamento en xaneiro de 2017”.

Por todo iso, na moción presentada hoxe Compostela Aberta pide que a Corporación municipal inste á Xunta de Galicia a destinar o 1% do orzamento para políticas contra as violencias machistas e mellorar os recursos en materia xudicial e medidas para a protección de vítimas; e ao goberno do Estado a que aprobe e mellore as medidas contidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Campaña “En negro contra as violencias”

No eido local, Marta Lois urxiu ao Goberno municipal a “manter a loita contra a violencia de xénero como unha das máximas prioridades na axenda política local, seguir incrementando os recursos municipais destinados a loitar contra as violencias machistas, desenvolver políticas de prevención e educación para a igualdade entre as veciñas e veciños de Santiago e, polo tanto, continuar coa campaña de “En negro contra as violencias”.

A concelleira lembrou a importancia desta campaña “que naceu en Santiago e se estendeu a toda Galicia con independencia das cores políticas de cada concello, que supuxo un antes e un despois nas políticas de sensibilización e que fixo que se manteñan ao longo de todo mensaxes importantes como que o machismo mata”. Ademais, Lois avogou por manter as medidas de sensibilización e erradicación das violencias machistas entre a mocidade e nos centros educativos, dotándoas de financiamento suficiente.

Comentarios
Lo más