miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito de participación na III Andaina Solidaria da Federación Alzhéimer Galicia

Éxito de participación na III Andaina Solidaria da Federación Alzhéimer Galicia
Éxito de participación na III Andaina Solidaria da Federación Alzhéimer Galicia

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recepcionou a entrada no obradoiro das case 200 persoas que participaron na marcha deste ano

Este sábado 14 de setembro tivo lugar o acto central polo Día Mundial do Alzhéimer cunha acollida excepcional.

Como novidade este ano a de formar parte do proxecto #OteuXacobeo impulsado pola Xunta de Galicia que ten como obxectivo promocionar o Xacobeo 2021.

Eran as 10.30h do sábado cando centeares de persoas partían rumbo dende o Monte do Gozo ata o Parque de Bonaval, pasando pola Praza do Obradoiro.

A marcha, encabezada polo presidente da Federación Alzhéimer Galicia, Juan Carlos Rodríguez, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña e a Directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro, dirixiuse polas rúas da cidade compostelá para visibilizar e sensibilizar a poboación sobre a enfermidade de alzhéimer. Os representantes da Xunta resaltaron a importancia de por en marcha iniciativas desta índole que axudan a coñecer a labor que realizan as entidade sociais ás que a Xunta de Galicia brinda o seu apoio.

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, recepcionou a entrada no obradoiro das case 200 persoas que participaron na marcha deste ano.

Juan Carlos Rodríguez agradeceu a participación cidadá, e o compromiso das asociación galegas de ade alzhéimder de Galicia. Do mesmos xeito recoñeceu a implicación das autoridades nesta actividade así como o apoyo brindado en cada proxecto.

Comentarios
Lo más