Rescatan a unha muller que caeu polo seu patio de luces
06:30 15/09/19
06:30 15/09/19
Os feitos tiveron lugar na rúa Gerardo Álvarez Limeses, ao fío das 17:30 horas
Os servizos de emerxencia acudiron esta tarde a rescatar a unha muller que caeu sobre unha construción de uralita ao precipitarse polo patio de luces dun edificio en Pontevedra.
Así, os bombeiros da cidade desprazáronse ata o inmoble para liberala. Unha vez accesible, a muller foi atendida polos servizos sanitarios.
Os feitos tiveron lugar na rúa Gerardo Álvarez Limeses, ao fío das 17:30 horas.
Unha persoa particular alertou do sucedido ao 112 Galicia e, a partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Pontevedra e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade.