Atropelan a unha muller en Xinzo de Limia cando estaba cruzando a estrada
17:53 14/09/19
17:53 14/09/19
Os feitos tiveron lugar preto das 12:30 horas
Unha muller resultou ferida esta mañá despois de ser atropelada na rúa de Branco Amor, en Xinzo de Limia.
Os feitos tiveron lugar preto das 12:30 horas. Foi nese momento cando unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do accidente.
Nada máis ter constancia, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense ata a zona do atropelo. Ademais, os xestores do 112 Galicia pasaron o aviso á Policía Local, a Protección Civil da localidade e aos Bombeiros de Xinzo de Limia.