Feridos dous operarios de extinción no concello de Fene con dúas motobombas
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un deles precisou ser excarcerado polos efectivos do GES de Mugardos
Dous membros de extinción de incendios resultaron feridos onte despois de que o camión motobomba no que nese momento circulaban envorcase no termo municipal coruñés de Fene.
Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, un deles precisou ser excarcerado polos efectivos do GES de Mugardos ao quedar atrapado no interior do vehículo accidentado.
Os feitos producíronse no lugar do Sino, preto das 21:00 horas. Foi unha persoa particular quen contactou co 112 Galicia nese momento para alertar do ocorrido e, decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia requiriu a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, dos Bombeiros de Ferrol e do GES de Mugardos.