jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico e prohibición de estacionamento con motivo de verbena nas festas da Gracia

Corte de tráfico e prohibición de estacionamento con motivo de verbena nas festas da Gracia
Corte de tráfico e prohibición de estacionamento con motivo de verbena nas festas da Gracia

Todos os cortes estarán perfectamente sinalizados e con desvíos alternativos

Con motivo das festas da Gracia e da súa verbena do vindeiro sábado, 14 de setembro, na rúa de José Villar Granjel (polígono do Tambre), quedará prohibido estacionar nesta rúa e na vía de la Cierva dende as 8:00 horas do sábado ata as 8:00 horas do domingo 15. 

Ademais, por mor da montaxe dos escenarios, a vía de la Cierva quedará cortada ao tráfico dende as 15:00 horas do sábado 14 ata finalizar as actuacións. Todos os cortes estarán perfectamente sinalizados e con desvíos alternativos.

Comentarios
Lo más