Samuel Solleiro presenta "O mundo dos vivos"
Será o vindeiro 19 de setembro ás 20:30 horas na Libraría Chan da Pólvora
Logo do aplauso unánime a redor daquel xerminal Punk (Corsarias, 2013), Samuel Solleiro (Tui, 1982) regresa ao eido da poesía c´ O mundo dos vivos (Chan da Pólvora Editora, 2019), unha obra que asume aquela aseveración de Paul Valèry na que se afirmaba que o máis profundo do ser humano é a pel.
Solleiro convoca a todos o seus lectores a para celebrar as virtudes e miserias, nunha especie de gargallada universal, sen metáforas, onde somos espectadoras do noso propio desfile colectivo. Concéntranse, aquí, o tempo concreto do autor e o tempo universal da humanidade; ou o que é o mesmo, a carpa de Springfield con tres ollos e os Evanxeo de Marcos.
Ironía e delicadeza, desgarro e celebración: o amor, o terror. Sen dúbida unha das pezas poéticas deste dous mil dezanove