miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Catro vehículos calcinados por mor dun incendio nunha nave en Porriño

Catro vehículos calcinados por mor dun incendio nunha nave en Porriño
Catro vehículos calcinados por mor dun incendio nunha nave en Porriño

Segundo informaron os Bombeiros arderon, por completo, catro turismos e outros dous resultaron parcialmente afectado

Un incendio declarado esta madrugada no exterior nunha nave de reciclaxe de vehículos mobilizou aos servizos de emerxencia. Segundo informaron os Bombeiros arderon, por completo, catro turismos e outros dous resultaron parcialmente afectado.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo coñecemento do incendio ao fío das 02:30 horas, grazas á chamada de alerta dunha persoa particular. Indicaba que ardían varios vehículos nunha nave situada no Polígono da Granxa, no Porriño.

Axiña, os xestores de emerxencias poñían o suceso en coñecemento dos Bombeiros do Porriño e de Vigo, dos axentes da Garda Civil, Policía Local e do persoal sanitario, por se fose precisa a súa intervención. Ademais, solicitouse a colaboración dos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Preto das 3:30 horas, os Bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o incendio quedara totalmente extinguido.

Comentarios
Lo más