jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Santiago acolle un novo espazo cultural de artes escénicas e creatividade

Santiago acolle un novo espazo cultural de artes escénicas e creatividade
Santiago acolle un novo espazo cultural de artes escénicas e creatividade

A inauguración será o próximo venres 27 de setembro con mostras das diferentes actividades da sala

ESPONTÁNEA xurde como Espazo creativo, laboratorio Escénico e como Escola de formación artística en Santiago de Compostela. Ubicada no espazo cultural antes coñecido coma Olalab, na zona vella. Da man do actor e pallaso Antón Coucheiro e da actriz e xornalista Gala Martínez-Romero, conta coa colaboradoración doutras profesionais recoñecidas coma Natalia Outeiro “Pajarito”, Alfredo Pérez Muíño ou Mónica Paradela.

Cativa e Espontánea. A sala contará tamén na súa programación cunha parte dedicada aos cativos con clases de teatro, talleres de radio e próximos monográficos nos que traballaránse diversas temáticas relacionadas cas artes. Un sábado ao mes faránse actuacións de teatro para bebés e teatro familiar.

ESPONTÁNEA é un Espazo creativo, un lugar de encontro entre artistas, creadoras, profesionais e afeccionadas, que ten a intención de crear comunidade artística. É un laboratorio Escénico, unha sala onde Experimentar e fomentar sinerxias e intercambios creativos.

A inauguración será o próximo venres 27 de setembro con mostras das diferentes actividades da sala. Arrincan o curso cunha proposta de formación en artes escénicas que potencian a escoita e o traballo da expresión da espontaneidade con clases como: Improvisación Teatral, Clown, Danza-Teatro, Pilates e Consciencia Corporal, entre outras. As clases teñen diferentes niveis, tanto para profesionais do sector que queiran profundar na técnica, como para aquelas que se queiran iniciar e comezarán a semana do 30 de setembro.

Comentarios
Lo más