Volven as altas presións a Compostela
08:00 11/09/19
08:00 11/09/19
En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 21ºC
O mércores as altas presións entrarán en forma de cuña desde os Azores.
Así, agárdase unha mañá con nubes baixas e néboas que tenderán a desaparecer progresivamente para deixar unha tarde de ceo despexado.
As temperaturas ascenderán lixeiramente. En Compostela a temperatura mínima acadará os 13ºC e a máxima os 21ºC.
Os ventos soprarán de compoñente norte frouxos pola mañá, aumentando en intensidade pola tarde.