jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

"A Barraca Camiño a Compostela" de Títeres Cachirulo chega a Santiago

"A Barraca Camiño a Compostela" de Títeres Cachirulo chega a Santiago
"A Barraca Camiño a Compostela" de Títeres Cachirulo chega a Santiago

O martes 10 de setembro A Barraca fará a súa función de clausura en Santiago de Compostela ás 18:30 h no Paseo central da Alameda

Títeres Cachirulo chegará hoxe martes a Compostela completando así o seu itinerario polo Camiño Francés. Dende Pedrafita do Cebreiro a Santiago, A Barraca pasou tamén por Melide, Paradela, Portomarín, Triacastela, Palas de rei, Samos, Monterroso, O Pino, Sarria e Arzúa facendo as ledicias de maiores e pequenos co espectáculo “Camiño de aventuras” con máis de 30 personaxes históricos e fantásticos do Camiño de Santiago.

Ao remate da función haberá un taller de construción de bonecos para un grupo máximo de 25 nenas e nenos, que se terán que inscribir no mesmo lugar da función antes do comezo da mesma.

As representacións de “A Barraca Camiño a Compostela” pechan así o seu ciclo pero aínda quedan exposicións que se poden visitar no Centro Socio Cultural Luis Seoane de O Pino e proximamente tamén en Arzúa e Sarria.

A Barraca ademais presentará o documental “A Barraca polo Camiño”, que se exhibirá na Fundación SGAE, xunto cunha exposición que reunirá todos os materiais desta ruta, en Santiago de Compostela, do 1 de Outubro ao 31 de Decembro de 2019.

Comentarios
Lo más