miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Condenan a sete anos de cárcere un home por roubar un móbil en Vigo tras golpear a vítima cun vaso

Condenan a sete anos de cárcere un home por roubar un móbil en Vigo tras golpear a vítima cun vaso
Condenan a sete anos de cárcere un home por roubar un móbil en Vigo tras golpear a vítima cun vaso

O tribunal considera acreditado que o sospeitoso golpeou a vítima “violentamente” na cara cunha botella ou un vaso de cristal

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, condenou a sete anos e un mes de cárcere un home que atacou a outro na rúa Marqués de Valladares cun obxecto cortante para roubarlle o móbil. Os feitos, segundo consta na sentenza, sucederon durante a madrugada do 1 de decembro de 2018. 

O tribunal considera acreditado que o sospeitoso golpeou a vítima “violentamente” na cara cunha botella ou un vaso de cristal. Tras a agresión e o roubo, o imputado fugouse e refuxiouse nunha cafetería, onde foi detido por axentes da Policía Nacional, os cales recuperaron o teléfono móbil, que aínda tiña no seu poder o condenado. 

A Audiencia destaca que o acusado “mente” cando nega que estivo no lugar dos feitos, pois as cámaras de seguridade dun hotel o sitúan alí. Os maxistrados condenárono como autor dun delito de roubo con violencia e uso de instrumento perigoso coa agravante de reincidencia, así como dun delito de lesións con deformidade.

Ademais, impuxéronlle o aboamento dunha indemnización ao Sergas de 4.337 euros; e ao prexudicado, de 21.951 euros polas lesións e as cicatrices na cara que lle quedaron como secuelas.

Comentarios
Lo más