Prohibido levar prendas que "menoscaben o decoro" no Parlamento de Galicia
Esta semana fíxose chegar ás formacións políticas unha proposta de regulamento para a vida do día a día na cámara galega
O departamento da Presidencia do Parlamento de Galicia, con Miguel Ángel Santalices na cabeza, achegou unha proposta de regulamento para o uso das salas institucionais e outras dependencias da institución e que varias formacións políticas xa fixeron chegar as súas queixas. Un dos puntos deste borrador de regulamento falta de normas de "decoro" dentro da Cámara Galega.
A Presidencia do Parlamento galego terá a potestade de vetar a entradas a persoas que usen algunha prenda de roupa, carteis o distintos elementos que "menoscaben o decoro". Entre estes elementos cabe destacar o uso ou colocación de pancartas que se identifiquen claramente con algúnha opción política.
Esta semana a institución acollerá o debate desta nova norma que tamén fixa outras regras para o uso de espazos dentro do edificio para a vida orgánica do Parlamento. Será interesante como o debate xirará arredor desas "normas de decoro" á hora de especificar.