Controlados os incendios de Porto do Son e Ribeira
Os efectivos de emerxencias, a últimas hora da tarde declararon que os lumes estaban controlados
Durante a tarde de onte en Galicia superáronse as 1.000 hectáreas queimadas. A última hora do pasado sábado os lumes máis importante eran os de Porto do Son e Ribeira, na comarca do Barbanza, aínda que agora xa se atopan controlados. O Conselleiro de Medio Rural, José González, acompañado do director xeral de Emerxencias e o alcalde de Porto do Son estiveron no lugar de A Carballosa.
Acompañando aos equipos de extinción de lume, o conselleiro declarou que estes incendios son claramente intencionados, xa que os pirómanos aproveitan estes días con moito vento e calor para prender lume en varios puntos do monte, en horas nas que os equipos aréos non poden operar na zona.
Agora mesmo, os bombeiros atópanse refrescando o perímetro para que non volvan prender as chamas, mais son 150 hectáreas queimadas nestes dous incendios.