jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Afundación presenta a súa programación de cursos de cociña infantil para a súa sede de Santiago

Afundación presenta a súa programación de cursos de cociña infantil para a súa sede de Santiago
Afundación presenta a súa programación de cursos de cociña infantil para a súa sede de Santiago

O programa, que se prolongará ata o mes de decembro, inclúe tres cursos dirixidos a nenos e nenas de entre 5 e 10 anos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta o seu programa «Minichefs» de cursos de cociña infantil para a súa sede de Santiago de Compostela. Un total de tres cursos conforman esta proposta que ten como obxectivo achegar os máis novos ao mundo da cociña mediante un método didáctico e ameno. Están dirixidos a nenos e nenas de 5 a 10 anos e serán impartidos por Vanessa Sende Cardoso entre os meses de outubro e decembro.

OS CURSOS

A programación dará comezo co curso «De cabazas vai a cousa» no que os asistentes aprenderán a sacarlle o máximo partido a un produto tan típico desta época e versátil como a cabaza. Será o 26 de outubro coa posibilidade de acudir en dúas quendas, pola mañá ou pola tarde. 

O seguinte taller gastronómico será «Os sándwiches secretos dos Minichefs» no que aprenderán a elaborar bocadillos variados con diferentes tipos de pans e ingredientes saudables, ideais para as merendas invernais. O curso impartirase nunha xornada, a escoller entre o 6, 7 ou 8 de decembro, de 11.30 a 13.30 h. 

«Nadal de Minichefs en vermello e verde» é o último curso da programación, e nel os participantes elaborarán pratos como veludo vermello nevado, hummus de remolacha, biscoito de pistacho e chocolate branco ou espaguetis ao pesto de aguacate. Estrutúrase en dúas xornadas, o 26 e o 27 de decembro, a escoller entre dúas quendas, pola mañá ou pola tarde. 

Comentarios
Lo más