Afundación acolle no Auditorio ABANCA de Santiago un espectáculo de Raulidad virtual
A nova proposta Raúl Pérez e Andreu Buenafuente poderase ver o venres 13 de setembro ás 20.30 h no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela
Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta no Auditorio ABANCA de Santiago de Compostela a nova proposta de humor de Raúl Pérez e Andreu Buenafuente o próximo venres 13 de setembro ás 20.30 h. As entradas están dispoñibles na web Ataquilla.com
Raulidad virtual
«Chega a España o produto máis revolucionario desde o desenvolvemento do smartphone. Presentámoslles as LRV – Lentes de Raulidade Virtual». Con esta entrada se introduce un espectáculo que xoga a presentar a realidade tal e como é e non como a intentan disfrazar desde os medios de comunicación, a política, os vídeos de You Tube…, e todo iso co humor como obxectivo esencial.
Raúl Pérez é o encargado de explicar como funcionan as LRV, e o que empezará como unha presentación ao estilo Steve Jobs acabará sendo unha terapia contra o aburrimento e el conformismo. Personaxes televisivos, xornalistas, políticos, deportistas, influencers, cantantes, estrelas de cine…, todos se dan cita nun show interactivo no que Raúl Pérez dará renda solta a todos os seus talentos.