jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Críticas polo nomeamento de Agustín Hernández como presidente do CES

Críticas polo nomeamento de Agustín Hernández como presidente do CES
Críticas polo nomeamento de Agustín Hernández como presidente do CES

Begoña Rodríguez Rumbo reivindica a independencia política do órgano consultivo e acusa a Feijóo de facer prevalecer intereses do PP sobre o interese xeral

A parlamentaria socialista Begoña Rodríguez Rumbo, criticou onte no Parlamento o nomeamento do ex conselleiro e ex candidato do PP á alcaldía de Santiago de Compostela, Agustín Hernández, como novo presidente do Consello Económico e Social. A responsable socialista acusou ao presidente da Xunta de “facer prevalecer os intereses do PP sobre o interese xeral” cun nomeamento que pon en cuestión a independencia política do órgano.

Rodríguez Rumbo interveu na comparecencia de Hernández diante da Comisión de Economía do Parlamento para presentar a dita candidatura, onde advertiu que “o CES non debera converterse nunha institución de tipo político”. Alertou da “falla de independencia e de autonomía” do candidato á presidencia, a quen “non se lle coñece experiencia en materia económica e social, pero si política”.

Lembrou a súa traxectoria política, e replicou á súa decisión de deixar o carné do partido advertindo que “os militantes do PP fanse independentes unha vez propostos á presidencia do CES, e inmediatamente despois volven á militancia activa”. Apuntou así ao caso da súa predecesora, Corina Porro, quen logo de pasar polo órgano volveu ao PP como delegada da Xunta en Vigo.

Begoña Rodríguez Rumbo situou a candidatura de Hernández dentro do proceso de “recolocación” dos 5 ex conselleiros do goberno de Feijóo que fracasaron nas súas candidaturas ás alcaldías das cidades galegas. Así, no caso de Beatriz Mato -A Coruña- e José Manuel Rey Varela –Ferrol- permanecen como deputados no Parlamento de Galicia, mentres os candidatos de Vigo, Elena Muñoz, e Ourense, Jesús Vázquez, foron nomeados senadores.

A particularidade, advertiu a deputada socialista, é que “se ben as catro anteriores recolocacións son claramente partidarias, no caso do CES debera preservarse o carácter independente do organismo”. Lembrou o trato dispensado polo goberno galego a este órgano, que no que vai de Lexislatura se preocupou de eludir os informes previos do órgano aos “pouquísimos textos lexislativos” que ten presentado o goberno galego.

Comentarios
Lo más