jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Publican a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música

Publican a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música
Publican a relación de prazas vacantes na Escola Municipal de Música

A matrícula realizarase directamente na secretaría da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela

Finalizado o período de matrícula dos admitidos e admitidas na 1ª convocatoria, e unha vez agotada a listaxe de agarda, a Concellaría de Educación vén de publicar as prazas que continúan vacantes nas diferentes especialidades da Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020.

A matrícula realizarase directamente na secretaría da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela (Finca de Vista Alegre - Rúa das Salvadas, s/n). Xunto coa solicitude de matrícula debe achegarse a seguinte documentación:

- Aquela documentación que indique a Ordenanza de prezos públicos de Santiago como necesaria para beneficiarse das bonificacións ou exencións que se establezan.

- Anexos 1 e 2 (dispoñibles na EMM, na web do Concello ou no Departamento Municipal de Educación) e autorización de saída do centro no caso dos menores de idade.

- Fotocopia do DNI ou folla do libro de familia onde figura o alumno/a.

- Fotocopia da tarxeta sanitaria do alumno/a.

- Xustificante bancario de ter satisfeito as taxas de matrícula na conta bancaria habilitada a tal efecto (se non se está exento do pago). 

Comentarios
Lo más