Atopan o corpo sen vida dunha persoa desaparecida no río Sil
10:24 06/09/19
10:24 06/09/19
A policía trata de esclarecer o ocurrido
Dende a tarde do pasado mércores, os equipos de emerxencia estaban tentando localizar a un home desaparecido. Aínda que os traballadores do 112 Galicia tiveron coñocemento da desaparición do varón en torno ás 03:20 horas da madrugada do xoves a través do 112 da comunidade colinante.
Foi en Rubiá, un municipio pertencente a comarca de Valdeorras, moi preto de Castela e León atoparon o corpo sen vida dun home no Río Sil. Os equipos de emerxencia acharon o cadáver ás 12:15 horas da mañá do xoves.
No operativo de busca, colaboraron, os axentes da Garda Civil e os efectivos do GES de Valdeorras. E neste momento as forzas policiais tentan esclarecer que foi o que aconteuceu e en que contexto se produciu.