Atopan o corpo sen vida do triatleta desparecido o domingo en Tomiño
O achado produciuse ao fío das 8:00 horas.
O corpo sen vida do atleta de triatlón desaparecido o pasado domingo mentres participaba na proba foi atopado esta mañá, segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, na zona portuaria xunto ás piscinas municipais de Cerveira. O achado produciuse ao fío das 8:00 horas.
Nas labores de busca, que se prolongaron durante cinco días, participaron tanto medios galegos como portugueses, mediante o protocolo de colaboración transfronteiriza no caso de emerxencias ARIEM 112.
Así, para a busca do deportista activouse un dispositivo no que actuaron, pola banda galega, os axentes da Garda Civil, persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia e Salvamento Marítimo, Bombeiros do Baixo Miño, o GES da Guarda e efectivos de Protección Civil de Tui e Tomiño.
Pola parte portuguesa interviñeron os Bombeiros Voluntarios de Vilanova de Cerveira, mergulladores e unha embarcación da Comandancia Naval do Miño.