A Xunta ofrecerá descontos do 50% nas autoestradas de titularidade galega
Os descontos comezarán a funcionar o día 1 de outubro
As autoestradas de titularidade galega, é dicir, controladas pola Xunta de Galicia terán por primeira vez descontos directos sen contar con algún tipo de telepeaxe ou bonificación específica.
A partir do 1 de outubro, todos os condutores das autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e Val Miñor (AG-57) terán unha rebaixa en horario nocturno, entre as 00:00 horas e as 6:00 horas, aplicándose a todos os vehículos que circulen neses tramos.
Os desconto será dun 50%, é dicir, a metade da peaxe. O obxectivo da Xunta de Galicia é poder beneficiar a 200.000 vehículos cada ano.
Por exemplo, para os usuarios que viaxen de Coruña a Carballo pagarán 1,27 euros entre las 00:00 e as 6:00 horas. En cambio, na AG-57, os codutores que vaian de Vigo a Baiona pagarán 0,85 euros.
A rebaixa comezará a partir do 1 de outubro, unha vez que o Consello da Xunta de Galicia aprobe a medida de de forma denifintiva.
Desta maneira, Galicia é unha das últimas comunidades autónomas que poñen en funcionamento este tipo de desconto que xa funcionan noutras autoestradas do país como é o caso de León e Astorga que a partir das 22:00 horas pódese circular de formar gratuíta.