Atopan o vehículo do Chicle nun depósito ilegal de Mondariz
Non se trata do coche do secuestro de Diana Quer, é un Audi A-4
No día de onte apareceu un dos coches de José Enrique Abuín, máis coñecido como o Chicle, nun taller ilegal no concello de Mondariz. Foi a Policía Autonómica que de xeito casual, nunha inspección rutinaria, descubriu o coche ao comprobar o número do bastidor do vehículo.
Non se trata do coche do secuestro de Diana Quer, é un Audi A-4. No depósito ilegal de vehículos hai máis de 50 e foi tras a comprobación do número de bastidor cando se chegou a conclusión de quen era do achado.
O roubo do vehículo foi denunciado no mes de xuño por parte da muller de José Enrique. Agora, os membros da Garda Civil investigarán o coche para coñecer se foi utilizado noutra actividad considerada delito por parte de Abuín.