miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Boimorto se prepara para o Festival da Luz

Boimorto se prepara para o Festival da Luz
Boimorto se prepara para o Festival da Luz

Este ano contará coa presenza da súa artista estrela que naceu no concello; Luz Casal

Esta mañá a localidade de Boimorto está preparándose para celebrar o Festival da Luz que terá lugar este fin de semana nese concello coruñés, lugar de nacemento da artista Luz Casal.

Son máis de 30 nomes, entre os que se atopan grupos como Celtas Cortos, a Orquestra Mondragón, Ángel Stanich, Egon Soda, Arizona Baby, Presumido, Gus Gus, Delaporte, Cepeda, Mikel Erentxun, Amparanoia, Habitación Vudú, ou os galegos Tiruleque, Riff Raff, Broken Peach, As Netas de Mauriza e Silvia Penide.

Este ano se destinarán os fondos recadados: as asociacións Anxiños, de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, e Asanog, de axuda a nenos oncolóxicos e ás súas familias.

Ademáis, a principal novidade deste ano será contar coa presenza da artista Luz Casal, algo que non sucedía dende a primeira edición do Festival da Luz. Será o sábado cando poidamos disfrutar do concerto no escenario máis grande do Festival.

Comentarios
Lo más