Ferido un operario en Sanxenxo despois de recibir un forte golpe
06:30 04/09/19
06:30 04/09/19
O operario foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario
Un operario foi trasladado en helicóptero medicalizado ata o Hospital Montecelo despois recibir un golpe mentres traballaba e quedar inconsciente. Os feitos tiveron lugar ás 16:00 horas de onte, na parroquia de Padriñán, no concello pontevedrés de Sanxenxo.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao recibir unha chamada dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que solicitaban axuda para coordinar o traslado en aeronave do traballador ferido.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, pasouse aviso ao GES de Sanxenxo e aos axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Finalmente, o operario foi evacuado na aeronave ao centro hospitalario.