miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Parlamentario En Marea pasa a chamarse Grupo Común da Esquerda

O Grupo Parlamentario En Marea pasa a chamarse Grupo Común da Esquerda
O Grupo Parlamentario En Marea pasa a chamarse Grupo Común da Esquerda

Manuel Lago continúa como voceiro parlamentario, Luca Chao asume a relación cos medios e a comunicación exterior, Antón Sánchez o control ao goberno e Carmen Santos seguirá sendo vicevoceira

Esta mañá presentouse no Parlamento o novo nome e estrutura organizativa do Grupo Común da Esquerda, o grupo parlamentario que dará continuidade á tradición da unidade popular, que ata agora se denominaba Grupo Parlamentario En Marea. Manuel Lago explicou que "a existencia dun partido político que ten o mesmo nome obrigou a mudar o nome do noso grupo" para facilitar a transmisión das iniciativas e o traballo político á sociedade.

Porén, Lago insistiu que "non é un cambio de proxecto, é un proxecto que vén de lonxe e vai para lonxe", e lembrou que bebe "do acordo en AGE, continuou co enorme éxito das mareas municipalistas de 2015e acadou o seu máximo cando a cidadanía colocou a En Marea como primeiro partido da oposición no campo da esquerda". Para o voceiro institucional do Grupo Común da Esquerda "o noso grupo é o lexítimo herdeiro desa experiencia política, segue sendo o proxecto político de unidade popular en defensa dos intereses da cidadanía do noso país e dos intereses de Galicia como nación."

Como proxecto político plural de unidade, a representación diante da Cámara do grupo pero tamén da sociedade contará cunha portavocía coral, con catro voces que representan os diferentes espectros políticos que conviven no grupo parlamentario. Manuel Lago será o voceiro parlamentario, Luca Chao asumirá as funcións de comunicación, tanto o que ten a ver coa relación cos medios coma de comunicación externa cos diferentes colectivos sociais, Antón Sánchez fará en cada pleno a pregunta ao presidente e asumirá en xeral a función de control ao goberno e Carmen Santos manterá a vicevoceiría parlamentaria. 

Comentarios
Lo más