Ferido un operario ao caer dende un camión na rúa Santiago, en Padrón
19:52 02/09/19
19:52 02/09/19
Os feitos ocorreron ás 16:15 horas da tarde de hoxe
Ás 16:15 horas, un operario resultou ferido e tivo que ser evacuado en ambulancia ao caer dende un camión na Rúa Santiago, no concello coruñés de Padrón.
O 112 Galicia foi informado do suceso ao recibir a chamada dos servizos sanitarios, que solicitaban axuda para o traslado do traballador precipitado.
Nada máis ter constancia do accidente, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao GES da localidade, á Garda Civil, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.