jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Críticas pola xestión da negociación da Intermodal de Santiago

Críticas pola xestión da negociación da Intermodal de Santiago
Críticas pola xestión da negociación da Intermodal de Santiago

Lémbralle ao alcalde que a cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros para a  construción da estación segue vixente no convenio

A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sinalou ao fío da visita ás obras da nova estación de autobuses que o Concello de Santiago asume a cantidade de 1.773.000 euros para a construción da pasarela da intermodal, que supón o 30% do investimento, “cando nos demais concellos non teñen que pagar por obras semellantes”. “Santiago é o único concello que asume 1,7 de euros para a obra da pasarela da estación intermodal por mor dunha mala negociación coa Xunta e ADIF”, explicou.

Goretti Sanmartín aludiu tamén “á carencia de incluír unha ampla zona de aparcamento no proxecto para favorecer deixar os vehículos privados, ademais de agardar a ver o modificado no plan de mobilidade na zona para facilitar os desprazamentos da veciñanza da Pontepedriña e do Castiñeiriño”, que se verá prexudicada pola alta densidade de tráfico.

Explicou que o Concello debía pedir a revisión do convenio tamén no referido á pasarela, porque Santiago vai ter que pagar, a diferenza doutros concellos, 1,7 millóns de euros cando a estación de tren é unha competencia de ADIF e a estación de autobuses da Xunta. Deste xeito, paga o 30% o Concello, 30% a Xunta e 40% o Estado. Ademais, o Concello de Santiago tivo que ceder gratuitamente os terreos de propiedade municipal, o custo das expropiacións dos terreos “e asumirá os custes de mantemento desa pasarela por máis de 120.000 euros anuais, en vez de custealos ADIF ou a Xunta”.

Xunto a iso, lémbralle ao alcalde que a cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros/as para a construción da estación intermodal segue vixente no convenio, o que pode condicionar os prazos para a obra e a súa entrada en funcionamento.

Comentarios
Lo más