Os pensionistas volven a concentrarse no Obradoiro
09:36 02/09/19
09:36 02/09/19
Será hoxe ás 12:00 horas na praza do Obradoiro
Membros da Plataforma de Pensionistas de Compostela volven a iniciar as súas concentracións todos os luns que comezará hoxe as 12:00 horas diante do Obradoiro.
O percorrido comezará diante da casa do concello para continuar pola rúa Nova ata a praza do Toural e volver ao Obradoiro pola rúa do Vilar.
Piden que "se garantan as pensións nos Orzamentos Xerais do Estado e a súa revalorización de acordo ao IPC anual, e se recolla na Constitución a garantía das pensións públicas".