Buscan ao participante dunha proba de triatlón en Tomiño
Ás 17:30 horas da tarde de onte, efectivos de Protección Civil de Tomiño daban conta do suceso ao 112 Galicia
A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), a través do CIAE 112 Galicia, ven de activar o protocolo de colaboración transfronteriza no caso de emerxencias, ARIEM112, para tratar de localizar a un participante dunha proba de Triatlon que se celebraba no embarcadeiro de Goián, en Tomiño.
Ás 17:30 horas da tarde de onte, efectivos de Protección Civil de Tomiño daban conta do suceso ao 112 Galicia. A partir dese momento, púxose en marcha un dispositivo de busca.
Participan ademais dos efectivos de Protección Civil da localidade, a Garda Civil, os Bombeiros de Baixo Miño, o GES da Guarda, Salvamento Marítimo e o Servizo de GardaCostas de Galicia. Tamén se alertou ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Pola parte portuguesa, atópanse na procura bombeiros voluntarios de Vilanova de Cerveira, mergulladores e unha embarcación da Comandancia Naval do Miño.