jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico da rúa Sánchez Freire para reparación dunha arqueta

Corte de tráfico da rúa Sánchez Freire para reparación dunha arqueta
Corte de tráfico da rúa Sánchez Freire para reparación dunha arqueta

Quedará suprimida a parada 575, Sánchez Freire, polo que se realizará unha parada alternativa na avenida de Ferrol, á altura da praza da Mercé

Con motivo da reparación dunha arqueta, o vindeiro martes 3 de setembro, dende as 16:00 ás 19:00 horas, producirase un corte de tráfico na rúa de Sánchez Freire, no cruzamento desta coas rúas de Xosé Pasín e do Penedo.

Con motivo deste corte, as liñas 5 (sentido A Rocha) e C2 do transporte urbano desviaranse mentres dure o corte pola rúa de Xosé Pasín e avenida de Ferrol, retomando o seu itinerario na glorieta de Conxo.

Quedará suprimida a parada 575, Sánchez Freire, polo que se realizará unha parada alternativa na avenida de Ferrol, á altura da praza da Mercé.

Comentarios
Lo más