miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Falece un home de caer dunha altura mentres pescaba en Moaña

Falece un home de caer dunha altura mentres pescaba en Moaña
Falece un home de caer dunha altura mentres pescaba en Moaña

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 02:15 horas desta madrugada

Un home faleceu esta madrugada tras sufrir unha caída mentres pescaba no Porto deportivo de Domaio, en Moaña.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia dos feitos ao redor das 02:15 horas, a través dunha persoa particular que chamou para solicitar asistencia sanitaria para o home. Indicaba que o señor caera e se precipitara desde unha altura.

De inmediato, os xestores do CIAE puxeron en alerta ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tras chegar ao lugar e malia os esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Os Bombeiros do Morrazo e os axentes da Policía Local tamén se desprazaron ao lugar dos feitos nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

Comentarios
Lo más