Un choque entre tres turismos en Xermade sáldase cunha persoa ferida
08:24 01/09/19
08:24 01/09/19
Foi na estrada LU-540, á altura do punto quilométrico 35, no concello lucense de Xermade
Sobre as 16:30 horas de onte produciuse un accidente entre tres turismos e saldouse cunha persoa ferida na LU-540, á altura do punto quilométrico 35, no concello lucense de Xermade.
De acordo coa información facilitada aos xestores do 112 Galicia, o ocupante dun dos vehículos necesitaba asistencia médica por mor das lesións sufridas a causa do impacto.
Con estes datos, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia pasou aviso aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Vilalba, á Garda Civil, aos voluntarios de Protección civil e ao persoal de mantemento das estradas.