jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Está preparada Galicia para dar resposta ao envellecemento poboacional?

Está preparada Galicia para dar resposta ao envellecemento poboacional?
Está preparada Galicia para dar resposta ao envellecemento poboacional?

Entre as iniciativas postas en marcha destaca a consulta telefónica, o programa Conecta 72, ou a plataforma de teleasistencia Telea

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, remarcou onte, no Pazo de Fonseca, no marco do Congreso Internacional de Psicoxeriatría, celebrado por primeira vez en España, que o seu departamento leva tempo traballando en distintas medidas de adaptación á realidade do envellecemento poboacional, ao estar Galicia entres as comunidades máis lonxevas do mundo.

En primeiro lugar, Almuiña sinalou que o envellecemento, a cronicidade ou a complexidade dos pacientes, “fai necesaria unha organización sanitaria nova e máis adecuada ao perfil dos doentes crónicos, sendo fundamental a colaboración entre os recursos de atención primaria e hospitalaria”. Tamén incidiu na importancia de realizar unha actuación integral coordinada cos recursos sociais do ámbito onde viva a persoa, “posto que así se ofrecerá unha atención de maior calidade, que dará resposta ás necesidades dos pacientes”.

Entre as medidas implantadas por Sanidade, o conselleiro destacou a consulta telefónica, que proporciona a vantaxe de facilitar a accesibilidade, evitando citas presenciais “e sendo un dos servizos mellor valorados polos pacientes”.

Outra das iniciativas referidas por Almuiña incorporada na atención ao envellecemento, cronicidade e dispersión xeográfica é o programa Conecta 72, que posibilita o seguimento telefónico dos pacientes por parte do persoal de enfermería, unha vez dados de alta no hospital, “e que representa un dos mellores exemplos de continuidade asistencial”.

Conta tamén o Sergas, -remarcou o conselleiro-, coa plataforma de teleasistencia domiciliaria TELEA, que permite realizar o seguimento teleasistido de pacientes crónicos, “adiantándose a posibles agravamentos da enfermidade”. Na actualidade, xa son preto de 2.000 os pacientes a seguimento a través desta modalidade de atención, con patoloxías como a insuficiencia cardíaca, a hipertensión arterial, a Epoc, ou a diabetes. “Telea vai ser implantado na totalidade dos servizos de atención primaria e dos hospitais do Sergas”.

DISPOSITIVOS DE REFERENCIA EN TODAS AS ÁREAS SANITARIAS

Almuiña incidiu en que, dadas as características e necesidades da poboación galega, Sanidade e o Sergas traballan, dende hai máis de 10 anos, por medio de dispositivos específicos para a atención comunitaria da saúde mental no ancián, dotados de equipos multidisciplinares. Continuaremos a traballar con este modelo, -dixo o conselleiro-, “que, grazas ao esforzo dos profesionais das unidades de psicoxeriatría, permitiu a realización, no pasado ano, de máis de 7.600 consultas ambulatorias, beneficiando a 5.700 pacientes”.

No Plan de Saúde Mental 2020-2024, “seguiremos traballando para completar o mapa autonómico con dispositivos de referencia para todas as áreas sanitarias”, xunto con outros proxectos neste ámbito, co obxectivo de elaborar e implantar programas de enlace cos servizos de neuroloxía, xeriatría e medicina interna; así como garantir a asistencia nos centros sociosanitarios. Ademais, desenvolveranse programas de apoio domiciliario a persoas maiores, e levaranse a cabo programas de formación en neuropsicoloxía, dirixidos aos profesionais vinculados ao programa de psicoxeriatría.

Comentarios
Lo más