miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Unha persoa queda atrapada no seu vehícuo ao saírse da vía nas Pontes

Unha persoa queda atrapada no seu vehícuo ao saírse da vía nas Pontes
Unha persoa queda atrapada no seu vehícuo ao saírse da vía nas Pontes

Os feitos tiveron lugar pasadas as 16:30 horas da tarde de onte

Os servizos de emerxencia interviñeron na tarde de onte para axudar a unha persoa que quedou atrapada dentro do seu vehículo despois de saírse da vía no concello coruñés de As Pontes de García Rodríguez.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia, o ferido foi excarcerado polos Bombeiros do Eume e trasladado en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Os feitos tiveron lugar pasadas as 16:30 horas da tarde de onte. Nese momento, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias recibiron a chamada dun particular que informaba dun accidente á altura do lugar das Congostras, na parroquia de San Martiño de Goente.

Ademais da intervención dos membros do Servizo de Extinción Prevención de Incendios e Salvamento, desde o 112 Galicia solicitouse tamén a colaboración dos profesionais de Urgencias Sanitarias de Galicia-061 e dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía local.

Comentarios
Lo más