miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un home mata ao seu irmán no concello de Salceda de Caselas

Un home mata ao seu irmán no concello de Salceda de Caselas
Un home mata ao seu irmán no concello de Salceda de Caselas

Os feitos producíronse ao redor das 20:30 horas de onte venres na parroquia de Enzenza

Un home matou ao seu irmán cunha aixada no municipio pontevedrés de Salceda de Caselas e despois chamou por teléfono á Garda Civil para contar o ocorrido, informaron este sábado fontes da investigación.

Unha vez detido o agresor foi conducido ao cuartel da Garda Civil de Baiona, onde se atopa á espera de pasar a disposición xudicial.

Ao parecer, os feitos producíronse ao redor das 20:30 horas de onte venres na parroquia de Enzenza.

A vítima, que cesou recentemente como presidente da Comunidade de Montes da citada parroquia, foi trasladada aínda con vida a un hospital de Vigo pero os servizos sanitarios nada puideron facer para salvarlle a vida.

A agresión produciuse cunha aixada no mesmo domicilio familiar por mor dunha discusión entre os dous irmáns. A identidade da vítima responde as iniciais A. F. C., de 51 anos, e o agresor S. F. C., de 49 anos.

Comentarios
Lo más