miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O caso do maltrato de bebé de Lugo entra na vida política galega

O caso do maltrato de bebé de Lugo entra na vida política galega
O caso do maltrato de bebé de Lugo entra na vida política galega

Segundo Solla, a falta de coordinación en cuestións que poñen en perigo a vida das persoas “non é asumible”, polo que son necesarios “protocolos para evitar que se repitan situacións como a sucedida en Lugo”

A deputada do grupo de En Marea Eva Solla presentará no Parlamento de Galicia unha batería de medidas sobre o caso do bebé lucense de dous meses hospitalizado por un presunto caso de malos tratos a mans dos seus proxenitores.

A tamén coordinadora nacional de Esquerda Unida di nun comunicado que esixirá explicacións na Cámara ante “a situación de desprotección” na que se atopaba o pequeno e que, indica, puxo de manifesto “a existencia de deficiencias na comunicación entre administracións”.

Segundo Solla, a falta de coordinación en cuestións que poñen en perigo a vida das persoas “non é asumible”, polo que son necesarios “protocolos para evitar que se repitan situacións como a sucedida en Lugo”, debido a que, ao seu xuízo, “todo apunta a que non foron empregadas todas as vías de comunicación necesarias para garantir a atención adecuada #ante unha situación de vulnerabilidade dun menor”.

Neste sentido, a parlamentaria interpelará ao Goberno galego sobre o contido e funcionamento dos protocolos existentes entre administracións.

Comentarios
Lo más