miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Que pasará co campo das Brañas do Sar?

Que pasará co campo das Brañas do Sar?
Que pasará co campo das Brañas do Sar?

Un dos temas tratados na xuntanza foi a busca dunha fórmula que permita recuperar o campo de fútbol das Brañas do Sar, que antes utilizaba o club Colexiata de Sar e do que é titular a Agrupación Folclórica

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este venres co presidente da Agrupación Folclórica Colexiata de Sar, Rafael Sexto, e co seu fundador e párroco de Sar, José Porto. 

Foi unha xuntanza para repasar as necesidades da parroquia e buscar fórmulas que permitan dinamizar esta parroquia, que xunta ámbitos de diversos barrios da cidade. Na reunión tamén participaron os concelleiros Mercedes Rosón e Gonzalo Muíños.

Un dos temas tratados na xuntanza foi a busca dunha fórmula que permita recuperar o campo de fútbol das Brañas do Sar, que antes utilizaba o club Colexiata de Sar e do que é titular a Agrupación Folclórica. Así, o alcalde é partidario de "revitalizar estas instalacións e adaptalas ás previsións do Plan Especial de Sar".

Este equipamento ou mesmo a creación dun novo equipo de fútbol poderían actuar, segundo apuntou Sánchez Bugallo, como elementos "aglutinadores" dunha parroquia "singular e moi complexa", xa que abarca ámbitos territoriais de varios barrios ademais do propio de Sar, como Angrois ou Viso. "O que os une é a Agrupación e o seu párroco", apuntou o rexedor. 

Comentarios
Lo más