Ingresa en prisión a nai acusada de asasinar a súa filla de sete anos en Cospeito
12:34 29/08/19
12:34 29/08/19
A muller non quixo declarar ante o xuíz polo presunto asasinato da súa filla
A nai da menor de sete anos, achada morta no seu domicilio na localidade de Muimenta, en Cospeito (Lugo) o pasado 3 de maio ingresou en prisión no de día de onte.
Foi a información que deron fontes policiais este mércores, que indicaron que a nai que se atopa no cárcere de Bonxe tras recibir o alta o martes no módulo de custodia do Hospital Universitaria Lucus Augusti (HULA) onde permanecía hospitalizada desde facía case catro meses.
O ingreso no cárcere prodúcese despois de que a finais de maio a xuíza do Xulgado Mixto número 1 de Vilalba decretase prisión provisional, comunicada e sen fianza, por un suposto delito de asasinato, para a nai da nena.