A Policía Local manda retirar a terraza dun establecemento hostaleiro no Ensanche
06:30 29/08/19
06:30 29/08/19
Os feitos ocorreron sobre as 19:40 horas da tarde do martes
A Policía Local de Santiago de Compostela tivo que intervir na tarde do martes para comunicar a un establecemento hostaleiro do Ensanche da cidade a obrigatoriedade de retirar unha terraza ao pé da rúa.
O establecemento non tiña o correspondente permiso do Concello para instalar unha terraza na rúa polo que tivo que ser a Policía Local a encargada de actuar.
Os feitos ocorreron sobre as 19:40 horas da tarde do martes.