miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Que pasou nestes catro anos na Casa do Matadoiro?

Que pasou nestes catro anos na Casa do Matadoiro?
Que pasou nestes catro anos na Casa do Matadoiro?

Os populares pedirán a Bugallo sobre as actividades e gastos  que tivo a Casa da Xuventude na anterior mandato e cal é a planificación para os vindeiros catro anos

O Grupo Municipal do Partido Popular preguntará ao Goberno de Sánchez Bugallo, no Pleno do vindeiro mes de setembro, sobre as actividades e gastos que tivo a Casa da Xuventude na anterior lexislatura e cal é a programación que ten prevista o actual Executivo para os vindeiros catro anos.

Para os Populares, ata o de agora, esta construción “so foi exemplo do feismo e da inseguridade nunha zona que se inclúe no Casco Histórico e que debería contar cos coidados máis esixentes por parte do Executivo local”.

O Grupo que dirixe Agustín Hernández cree que os veciños de Santiago deben ser coñecedores do uso e as obras que se levaron a cabo neste inmoble no mandato de Compostela Aberta, polo que solicitan tamén información sobre os contratos e gastos que se desenvolveron no contexto deste edificio, posto que ditas accións careceron de planificación, non foron publicitadas e outorgáronse dun modo totalmente arbitrario.

Os Populares requírenlle, ademais, ao Goberno de Sánchez Bugallo que presente unha planificación das obras que pretenden executar nesta propiedade para rehabilitala e que, ao mesmo tempo, o servizo técnico do Concello proceda á realización dun informe técnico sobre as condicións técnicas e de habitabilidade do edificio, co fin de saber se está en condicións de acoller actividades públicas. 

Para todo iso, o Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Santiago, presentará unha pregunta oral para coñecer as intencións do actual grupo de Goberno coa Casa da Xuventude e “non se volva a caer na opacidade e administración desleal con este edificio público que caracterizou a conducta do anterior Executivo municipal”. 

Cabe sinalar que, neste momento, seguen sen aclararse moitas accións relativas ao uso deste inmoble, pero existen moitos outros aspectos que fan necesaria unha actuación neste marco e na súa contorna. O seu actual estado está a supoñer moitos inconvintes, tanto aos veciños, como aos pequenos empresarios hostaleiros que teñen aí os seus negocios. xa que a praza onde se sitúa a Casa da Xuventude atópase en bastante mal estado e, incluso, non hai moitas semanas, o departamento de Augas de Galicia, tivo que intervir para eliminar unha vertedura de augas fecais, procedente de dito inmoble cara o regato que pasa por esta zona.

O Grupo Municipal Popular xa manifestou, en reiteradas veces, que a mellor opción para a Casa da Xuventude sería proceder ao seu derrubo para acadar á apertura do parque de Belvís á cidade, posto que, na actualidade a propiedade converteuse na “casa de ninguén”, onde “xa se levan gastados miles de euros e onde ninguén parece saber que é o que ocorre dentro do inmoble, nin que usos ten”.

ANTECEDENTES

Lembrar que na Xunta de Goberno de outubro de 2015, Compostela Aberta tomou a decisión de rescindir o contrato do derrube da casa da Xuventude, medida que lle custou aos santiagueses case 6.000 euros e que supuxo o inicio do que sería unha constante no mandato anterior, o incumprimento dos acordos plenarios.

Neste caso, a corporación o ratificara, por unanimidade, en novembro de 2011; o proxecto de demolición aprobouse na Xunta de Goberno de outubro do 2014; cun importe para a actuación de pouco máis de 165.000 euros, adxudicándose por case 119.000 euros e formalizándose o contrato o 31 de marzo de 2015.

Comentarios
Lo más