miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela quere albergar unha proba do circuíto Euro City Race

Compostela quere albergar unha proba do circuíto Euro City Race
Compostela quere albergar unha proba do circuíto Euro City Race

A Compostela City Race enmarcaríase no circuíto Euro City Race, integrado por varias competicións de orientación en urbes europeas como París, Roma ou Barcelona

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse este mércores coa presidenta da Asociación Correr e Pensar, Rosa María Pernas, e outros integrantes da entidade. Esta explicoulle ao rexedor os detalles da Compostela City Race, unha proba de orientación que a entidade pretende organizar en abril de 2020, co apoio do club deportivo da USC e da Federación Galega de Orientación.

A Compostela City Race enmarcaríase no circuíto Euro City Race, integrado por varias competicións de orientación en urbes europeas como París, Roma ou Barcelona. Estas probas teñen coma obxectivos principais a visibilidade e a difusión da orientación dende punto de vista turístico e deportivo.

O deporte da orientación senta as súas bases no respecto polo entorno e polos competidores e no xogo limpo. É un deporte aberto a todas as persoas, sen importar condición física ou idade. 

Comentarios
Lo más