miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Síndrome post-vacacional comeza a notarse

O Síndrome post-vacacional comeza a notarse
Imaxe de arquivo
O Síndrome post-vacacional comeza a notarse

Unha pequena guía sobre o que é este síndrome e algunha recomendación para combater o estrés

Este síndrome tamén chamado depresión post-vacional é un concepto que se define como a presión emocional que debe soportar a persoa para afrontar a readaptación ao traballo despois dun período vacacional. 

O síndrome post-vacacional non se pode calificar como enfermidade senón como un proceso adaptativo á vida laboral, volvendo a retomar uns horarios máis inflexibles, obligacións e en consecuencia un pouco de estrés. Todo esto é algo bastante normal, pero dependendo da persoa e do traballo, esto pode chegar a desencadear unha serie de molestias tanto psíquicas como físicas. Aínda que tamén é de interese destacar que moitas persoas están desexando volver ó traballo con moita ilusión e deixar esa vida de despreocupacións na meirande parte dos casos.

Nalgúns individuos, a presión de voltar o traballo pode ocasior importantes cadros de estrés, tal é así, que se manifesta un comparmento caracterizado polo malestar, ansiedade, depresión, disminución do rentimento e aumento da actividade respiratoria e cardíaca.

Cabe destacar que estes síntomas súfrenos as mulleres nunha porcentaxe maior que os homes, probablemente por desarrollar actividades nun entorno familiar de maior presión. 

Estar co humor cambiado unha vez retomes o traballo é "normal" durante uns días, no momento que se prolonguen estos síntomas é recomendable asistir a unha clínica para tratar un posible estrés crónico.

MEJOR PREVENIR QUE CURAR

Para previr este síndrome e teñamos unha boa readapción ó traballo poden levarse a cabo algunhas recomendacións que nos ofrecen psicólogos expertos en tratar estes casos.

- Programar o  regreso a casa dun xeito organizado, anticipado e relaxado, desta maneira evitaremos causar maior estrés ó noso organismo. Voltar un par de días antes de maneira sosegada é o ideal para este período de transición.

- No momento que empeces o traballo, non hai que comezar cunha forte carga laboral. É preciso abarcar un volume considerado para a reincorporación; tómate tempo para organizarte pouco a pouco e tenta non levar traballo para a casa.

-  Mantén un bo estado de ánimo que favoreza un agradable clima de traballo.

- Os primeiros días necesitase descansar de maneira adecuada, polo tanto, dedícalle unhas 8 horas ao teu sono.

- Cómpre facer deporte cardiovascular para subir o ánimo e liberar a mente.

Con estas recomendacións os psicólogos aseguran que a volta ó traballo pode ser máis levadeira nas persoas que sufran este síndrome.


Comentarios
Lo más