miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Un xuíz autoriza a un pai vacinar aos seus fillos, contrario ao pensamento da nai

Un xuíz autoriza a un pai vacinar aos seus fillos, contrario ao pensamento da nai
Un xuíz autoriza a un pai vacinar aos seus fillos, contrario ao pensamento da nai

O maxistrado cre que a nai carece de avais científicos mentras que o calendario de vacinación "obecede a estudos e informes científicos"

A sexta sección da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede Vigo, autorizou a un pai para que os seus fillos sexa vacinados fronte a postura contraria da nai, que está en contra da vacinación. 

O maxistrado cre que a nai carece de avais científicos mentras que o calendario de vacinación "obecede a estudos e informes científicos que buscan a unha mellor protección da poboación".

Nun primeiro momento, cando a parella estaba xunta, decidiron que non vacinarían aos nenos pero posteriormente, cando se separa, concienciouse da vacinación para cambiar de idea e pensar que os seus fillos deberían recibir as vacinas prescritas.

O xuíz expresa na súa sentenza que dende o punto de vista médico non hai evidencias científicas de que as vacinas poidan ser perxudiciais para a sáude senón que hai estudos que avalan os beneficios tanto a nivel individula e poboacional.

A nai dos nenos tamén perdeu en primeira instancia pero a nai recurriu na Audiencia Pronvincial de Pontevedra para poder gañalo. Finalmente, a sentenza xa non cabe recurso.

Comentarios
Lo más