Luz Casal, gran protagonista da oitava edición do Festival da Luz
Será o sábado cando poidamos disfrutar do concerto no escenario máis grande do Festival
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, presentaron no mes de abril a oitava edición do Festival da Luz, que se desenvolverá en Boimorto (A Coruña), do 6 ao 8 de setembro cunha ampla e ecléctica carteleira musical e de actividades audiovisuais, escénicas e gastronómicas para todas as idades.
Os organizadores do evento reuniron os seus principais patrocinadores e colaboradores públicos e privados para anunciar as primeiras confirmacións de artistas que actuarán no festival que promove a actriz Luz Casal na súa localidade natal.
Son máis de 30 nomes, entre os que se atopan grupos como Celtas Cortos, a Orquestra Mondragón, Ángel Stanich, Egon Soda, Arizona Baby, Presumido, Gus Gus, Delaporte, Cepeda, Mikel Erentxun, Amparanoia, Habitación Vudú, ou os galegos Tiruleque, Riff Raff, Broken Peach, As Netas de Mauriza e Silvia Penide.
No acto tamén se deron a coñecer as causas solidarias ás que este ano se destinarán os fondos recadados: as asociacións Anxiños, de atención a nenos e adolescentes con trastornos mentais graves, e Asanog, de axuda a nenos oncolóxicos e ás súas familias.
Ademáis, a principal novidade deste ano será contar coa presenza da artista Luz Casal, algo que non sucedía dende a primeira edición do Festival da Luz. Será o sábado cando poidamos disfrutar do concerto no escenario máis grande do Festival.